Información Xeral

Lecturas viaxeiras - verán 2020

O servizo de Biblioteca da EOI en colaboración cos departamentos de alemán e inglés pon as lecturas viaxeiras para este verán ao voso dispor na entrada da escola.

Lembrade que é un empréstito flexible que vos permite levar unha ou máis lecturas para o verán sen ter que rexistrar o empréstito en Meiga. Deberedes facer a devolución a comezos do curso 2020-2021.

Desfrutade do verán e da lectura!

Novidades

Novidades procedentes de doazóns:

Podes devolver os libros da biblioteca a calquer hora do día

Podes devolver os teus empréstimos da Biblioteca da EOI en calquer momento e de maneira fácil. Só tes que utilizar a caixa de devolucións habilitada na biblioteca, ao lado da mesa do profesor de garda, para ese fin.

Desta maneira, se tiveres algún problema para chegar dentro do horario de atendimento, poderás devolver os libros, cds ou dvds da biblioteca sen axuda. Só tes que introducilos na caixa de devolucións con coidado e coa lombada do libro en primeiro lugar.

Servizo de Empréstimo da Biblioteca

A partir do luns 1 de outubro e até o venres 31 de maio funciona o servizo de empréstito de libros da Biblioteca da EOI. 

Lembra que para poderes utilizalo precisas do cartón de estudante. Se aínda non o tes, pasa pola Secretaría a facelo.

IMPORTANTE: Debido a un problema no programa de xestión da biblioteca, tod@s @s leitores/as anteriores ao curso 2015-2016 cuxo número de leitor/a sexa posterior ao 831, perderán o número que tiñan e recibirán un novo.

Servizos da biblioteca

A biblioteca da EOI de Vilagarcía de Arousa ofrece na actualidade os servizos de:

  • Empréstito a domicilio de libros de leitura, de texto, CD's e DVD's.
  • Empréstito en sala de libros e outros materiais audiovisuais ou de consulta.
  • Leitura en sala de prensa periódica en galego e nas linguas impartidas na EOI.
  • Computadores de uso libre con ligazón á internet.
  • Rede wifi aberta e gratuita.

A biblioteca está pensada para uso do alumnado da EOI, con carné de usuario/a, tamén poderán facer uso da biblioteca os membros da asociación de alumnos e ex-alumnos da EOI “Linguarousa”,  os usuarios da Biblioteca Municipal de Vilagarcía (sempre que posúan un documento identificativo adecuado) e os alumnos do programa That's English! da Escola.

O rexistro de libros dispoñibles na Biblioteca da EOI pódese consultar a través de internet na páxina web da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Distribuir contido