Matrícula e formalización

Instrucións de matrícula e preinscrición. Curso 2021-2022

A RESOLUCIÓN do 17 de xuño do 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia para o curso 2021/2022,dispón o procedemento que deben seguir as persoas que desexan cursar estudos nunha EOI no vindeiro curso e establece dúas quendas diferenciadas:

  • persoas matriculadas no curso 2020-2021 que continúan os seus estudos e se matriculan directamente.
  • persoas non matriculadas no curso 2020-2021, que se consideran alumnado novo e deben preinscribirse.

Lea con detimento as instrucións e consulte na conserxería ou na secretaría do centro en caso de dúbida. De non realizar os trámites dentro dos prazos establecidos, perderá o dereito á praza asignada, quedando vacante para ser asignada a outras persoas. Neste caso só poderá matricularse ao finalizar todo o proceso de matrícula, caso de quedaren prazas vacantes.

ALUMNADO OFICIAL MATRICULADO NO CURSO 2020-2021

Distribuir contido