COVID-19
A seguridade ante todo
![]() |
Pode consultar aquí as medidas que tomamos para coidar e protexer a saúde de toda a comunidade educativa fronte á COVID19. Familizarícese cos protocolos para que todos os integrantes da comunidade poidan acceder ao centro coa maior seguridade e tranquilidade posible. A nosa tranquilidade e seguridade están nas nosas mans! Nesta sección pode consultar toda a información sobre como facemos do centro un entorno seguro para todas as persoas que empregamos as instalacións a diario.
Importante: Se non pode empregar máscara, non pode acceder ao recinto. Contacte telefonicamente para que poidamos axudarlle no que precise. |
Protocolo hixiénico sanitario probas convocatoria ordinaria xuño 2021
Consúlteo nesta ligazón: Protocolo de Medidas Hixiénico Sanitarias - Alumnado
Visualice o vídeo resumo a continuación. Estas medidas son de obrigado cumprimento polas persoas candidatas.
Ventilación
O horario de todas as aulas inclúe un intervalo de 15 minutos para ventilación entre distintos grupos. Debemos engadir os tempos adicionais de ventilación para garantir a calidade do aire durante as actividades lectivas. Segundo o protocolo de adaptación á COVID publicado para este curso, para ventilar de xeito eficiente, a porta debe estar aberta. Debemos tamén considerar que no caso de temperaturas extremas invernais é mellor realizar un maior número de ventilacións de menor tempo en lugar de ter as ventás parcialmente abertas. Abrir parcialmente as ventás non facilita significativamente a renovación de aire pero baixa a temperatura e diminúe o confort.
Nesta sección publicamos a diario, se fose preciso, a información sobre os tempos adicionais de ventilación en función do tamaño da aula e a súa ocupación segundo os modelos calculados pola USC.
Informe de ventilación dispoñible: 20211025 (data: AAAAMMDD)
Documentos de funcionamento e organización do curso
Aquí atopará a relación dos documentos de funcionamento e organización do curso que afectan tanto a alumnado, profesorado e persoal non docente. Estes documentos están pendentes de actualización segundo as novas resolucións publicadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pregamos permaneza atento/a ás novidades.
