Información xeral

Curso de acompañamento - Motivación contra o abandono - Datas confirmadas

 

Formación aberta a todo o alumnado da EOI de Vilagarcía, ofrecida por Jeniffer Herbón, formadora de ConVIVE+rede de formación en estratexias de xestión positiva da convivencia.

Datas confirmadas - Aula 15

Martes, 18 de xaneiro ⋅ 17:00-20:00

Xoves, 20 de xaneiro ⋅ 17:00-20:00

Martes, 1 de febreiro ⋅ 17:00-19:00

Xoves, 3 de febreiro ⋅ 17:00-19:00

Martes, 15 de marzo ⋅ 17:00-19:00

Neste curso se traballará para acadar os seguintes obxectivos: facilitar ao alumnado de novo ingreso a súa adaptación ao entorno da EOI, facilitando a súa integración social e académica; formar ao alumnado, potenciando competencias e habilidades sociais, de liderado e xestión de equipos, mediante o seu papel como axudantes do alumnado de novo ingreso e finalmente, reducir a taxa de abandono do alumnado.

Entre os contidos que se traballarán, se inclúen: comunicación verbal e non verbal, estilos de comunicación, asertividade, empatía nas relacións de axuda, expectativas e percepción, motivación e liderado.

Se estás interesado/a, inscríbete neste formulario, até o venres 14 de xaneiro, indicando nome e apelidos, grupo, email de contacto e dispoñibilidade horaria durante o mes de xaneiro. Este último dato é a título orientativo: se intentará acomodar á maioría de respostas.

Os datos quedarán en custodia da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía para fins de organización deste curso.

 

Ugly Sweater Contest

Concurso de xerseis de Nadal

Os 3 xerseis máis feíños teñen premio!!

E as 3 fotos de grupo xunto co/a profesor/a tamén!!

Vén á escola co xersei posto.

Pide en conserxería que che fagan unha foto no noso photocall.

Escribe unha mensaxe no pé da foto.

Cólgaa nos tablóns.

Data límite: Martes 21

 

Enquisas SELFIE - Plan dixital de centro

Ao longo do curso 2021-2022, cada centro dentro da súa autonomía elaborará o documento do Plan Dixital para que sirva de referencia a toda a comunidade educativa, de xeito que no curso 2022-2023 a súa aplicación sexa efectiva.

O primeiro paso é realizar unha serie de enquisas. Teñen acceso ao do alumnado nesta lizazón:

Cuestionario para alumnado

A data límite para a realización do cuestionario é o venres 10 de decembro.

Agradecemos que dediquen uns minutiños á súa realización. Grazas pola súa colaboración.

Conferência de Joana Magalhães

 

O filme Free Willy e a personagem de Dana Scully (da série Ficheiros Secretos) marcaram a carreira de Joana Magalhães (Espinho, 1982). Primeiro para ela se licenciar em Biologia na Universidade de Aveiro, e depois para fazer doutoramento em Bioquímica e Biologia Molecular na Universidad Complutense. Dedicou-se durante mais de 10 anos à investigação em medicina regenerativa e osteoartrite na Galiza. Ao mesmo tempo, trabalhou em projetos de divulgação e comunicação científica, especialmente ligados às questões de mulher e ciência. Atualmente trabalha na empresa Science for Change, para fomentar a participação da cidadania na ciência e é membro da Junta Diretiva da Associação de Mulheres Investigadoras e Tecnólogas - Nodo Galiza.

Desse percurso, da importância da ciência no momento atual, do papel das mulheres na ciência hoje e ainda de mais coisas vai-nos falar na quinta 2 de dezembro, pelas 19h30 no auditório da Escola. A lotação está litimitada a 30 lugares por ordem de chegada.

 

 

 

Distribuir contido