Información xeral
Who's coming to dinner?
Voltamos coa actividade Guess who's coming to dinner
Para participar, bota unha ollada á mesa do lado das escaleiras. Cada día unha pista!
Sport ist Leben
Con motivo do Día Mundial da Saúde, 7 de abril, o Departamento de Alemán @DEoivga, propón unha semana de deporte con monitores alemáns no xardin do centro. Anímate a participar!
Concurso fotográfico "A primavera a foto altera"
Disque "A primavera o sangue altera", mais o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere que prestedes atención e inmortalicedes todos os cambios que a primavera trae ao voso arredor (por exemplo, paisaxes, animais, situacións cotiás, festividades, etc.).
Consultade as bases do concurso adxuntas aquí.
Gañadores da enquisa dos Oscars 22
Velaquí as 3 persoas gañadoras da enquisa dos Oscars:
Parabéns polos vosos 5 acertos!!
Vincitrici concorso "Carnevale all'italiana"
1º premio con 116 voti (commenti e like)- Arlecchino- Inés Vazquez Pazos
2º premio con 111 voti (commenti e like)- Pizzaiola- Lidia Bermudez Fernandez
![]() |
![]() |
Encontro con Santiago Lopo e clausura do club
O venres pola tarde, 11 de marzo ás 17.30h, visitounos Santiago Lopo dentro da actividade Club de Lectura A carteira organizado polo EDLG do centro.
Que é iso de Koha?
Víchedes unha nova icona na marxe superior dereita da nosa web?
Que é iso de Koha?
A nosa biblioteca, xunto con outras bibliotecas PLAMBE (plan de mellora das bibliotecas escolares) sumouse á implantación do sistema de xestión Koha, baseado en software libre e cunha xestión dos espazos e recursos máis libre e flexible. Trátase dun proxecto nas primeiras fases de execución para bibliotecas escolares dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta, apoiado pola AMTEGA. +info. en Xercode
Pronto anunciaremos moitas máis novidades, así como videotitoriais e outras ferramentas de axuda para ensinarvos o funcionamento da nosa Biblioteca de agora en adiante.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
