Novas e actividades

SCOTTISH DANCING

 

O vindeiro Xoves 21 de Novembro  a partir das 18:30, o Departamento de Inglés da EOI de Vilagarcia organiza un ceilidh dance, unha xuntanza tradicional escocesa na que a actividade central é o baile. Para ensinarnos bailes típicos dunha ceilidh dance contaremos coa presenza de Robin Duncan, violinista escocés orixinario de Stirling e que se criou na tradición dos bailes e da música escocesa. Nesta ocasión estará acompañado polos músicos galegos Xabier Agra (frauta) e Gumer Freire (bouzouki). Ademais dos bailes haberá cancións típicas escocesas e breves explicacións sobre aspectos da cultura escocesa.

Actividade cultural: "Be my Valentine"

O departamento de inglés organiza os días 14 e 15 de febreiro a actividade "Be my Valentine" . Animádevos e deixade a vosa mensaxe no noso muro "Love Wall" .

Concurso Tarxetas de Nadal

Concurso Tarxetas de Nadal

O departamento de inglés convida a todos os membros da comunidade educativa a participar no "Concurso de Tarxetas de Nadal". ¡Anímate a participar!

Distribuir contido