Cursos de Actualización Lingüística e Comunicativa (CALC) en inglés

A oferta educativa do Departamento de Inglés inclúe para o segundo cuadrimestre dous Cursos de Actualización Lingüística e Comunicativa dirixidos ao profesorado da Consellería de Educación. O prazo de inscrición estará aberto até o 13 de xaneiro e deberá realizarse a través do Sistema de Xestión de Formación do Profesorado (https://www.edu.xunta.gal/fprofe/).