Concurso Día das Letras Galegas 2022: Canto sabes de Florencio Delgado Gurriarán?

Co gallo das Letras Galegas 2022, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza o concurso "Canto sabes de Florencio Delgado Gurriarán?" cun cuestionario de 15 preguntas ao que podedes acceder desde esta ligazón.

Non vos esquezades de consultar as bases de participación antes de cumprimentalo.

 

 

Para os que queirades consultar algo de información antes de participar, a Real Academia Galega publicou na súa páxina web unha serie de vídeos sobre a vida e obra do homenaxeado. Asimesmo, na biblioteca do noso centro pódense atopar estes dous exemplares: Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta no exilio mexicano e Florencio Delgado Gurriarán. Obra poética.

AdxuntoTamaño
Concurso Letras Galegas Póster A4.pdf2.26 MB