Curso de acompañamento - Motivación contra o abandono - Datas confirmadas

 

Formación aberta a todo o alumnado da EOI de Vilagarcía, ofrecida por Jeniffer Herbón, formadora de ConVIVE+rede de formación en estratexias de xestión positiva da convivencia.

Datas confirmadas - Aula 15

Martes, 18 de xaneiro ⋅ 17:00-20:00

Xoves, 20 de xaneiro ⋅ 17:00-20:00

Martes, 1 de febreiro ⋅ 17:00-19:00

Xoves, 3 de febreiro ⋅ 17:00-19:00

Martes, 15 de marzo ⋅ 17:00-19:00

Neste curso se traballará para acadar os seguintes obxectivos: facilitar ao alumnado de novo ingreso a súa adaptación ao entorno da EOI, facilitando a súa integración social e académica; formar ao alumnado, potenciando competencias e habilidades sociais, de liderado e xestión de equipos, mediante o seu papel como axudantes do alumnado de novo ingreso e finalmente, reducir a taxa de abandono do alumnado.

Entre os contidos que se traballarán, se inclúen: comunicación verbal e non verbal, estilos de comunicación, asertividade, empatía nas relacións de axuda, expectativas e percepción, motivación e liderado.

Se estás interesado/a, inscríbete neste formulario, até o venres 14 de xaneiro, indicando nome e apelidos, grupo, email de contacto e dispoñibilidade horaria durante o mes de xaneiro. Este último dato é a título orientativo: se intentará acomodar á maioría de respostas.

Os datos quedarán en custodia da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía para fins de organización deste curso.