Renovación Consello Escolar 2021-2022

A Resolución do 20 de setembro do 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (D.O.G. do 29) establece e ordena o procedemento de renovación dos consellos escolares que resulta de aplicación no noso consello escolar.

No caso do noso centro, segundo se recolle no Decreto 189/2010 polo que se establece o Regulamento Orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. do 19/11/2010) no artigo 16, procede renovar:

  • seis (6) representantes do profesorado,
  • un (1) representante do persoal non docente,
  • dous (2) representantes de pais/nais/titores, e
  • catro (4) representantes do alumnado, un dos cales será o presidente da xunta de delegados.

O calendario de actuacións é o seguinte:
- Do 8 ao 15 de novembro, publicación do censo e reclamacións ao mesmo.
- Do 9 ao 16 de novembro para a presentación de candidaturas.
- O 17 de novembro reunión da Xunta Electoral para a resolución de reclamacións ao censo e proclamación de candidaturas.
- O 18 e 19, presentación de reclamacións á proclamación de candidaturas, se houber.
- O 24 de novembro para a votación dos distintos sectores.
- O 26 de novembro para a proclamación dos candidatos elixidos e envío das actas á Xefatura Territorial.
- O 10 de decembro para a constitución do novo consello escolar.

Proclamacion de candidaturas electas:

Reunida a xunta electoral o día 26 de novembro, vistas as actas de escrutinio, acordou PROCLAMAR as seguintes candidaturas electas:
Polo sector do PERSOAL NON DOCENTE: Dona María Victoria Prieto Fernández.
Polo sector ALUMNADO: Don Diego Díaz Piñeiro.
Polo sector PROFESORADO: Dona Elena Guerrero Rey.