That's English - Matrícula aberta

 

 

Se quere cursar estudos de inglés na modalidade semipresencial That's English!, na EOI de Vilagarcía impártense titorías para todos os niveis.

 

O prazo de matrícula para o curso 2021-2022 abrangue do 7 de setembro ao 29 de outubro. Pode consultar todos os detalles na Circular 5/2021 na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/circular_5-2021_thats_english_2021-22.pdf

O centro de apoio administrativo está na EOI de Pontevedra. Teléfono: 886 15 91 21. Pode consultar toda a información sobre o programa nesta ligazón externa: www.thatsenglish.com