Ventilación

Nesta sección publicamos a diario, se fose preciso, a información sobre os tempos adicionais de ventilación en función do tamaño da aula e a súa ocupación segundo os modelos calculados pola USC.

Informe dispoñible:  20210907 (data: AAAAMMDD)

Planos de aula dixitais: Aula pequena - Aula grande - Aula 01 - Aula 20 - Aula 27. Unha vez completado cos datos das persoas asistentes, debe gardarse no cartafol documentos co formato DDMMAA-Código de grupo p.ex: 010321-ALA11.

Dada a variabilidade de ocupación das nosas aulas, e para simplificar a aplicación, calculamos o informe en función das seguintes variables:

  • Tamaño de aula:
    • Pequena: aula de 48 metros cadrados, ata 19 persoas, incluíndo docente. Son as aulas: 01, 02, 03, 11, 12, 13, 14, 15, 16.
    • Grande: aula de 64 metros cadrados, ata 24 persoas, incluíndo docente. Son as aulas: 21, 22, 23, 24, 25, 26.
  • Ocupación:
    • Os datos recóllense en tramos de 5 persoas. Simúlanse ocupacións de 5, 10, 15, 19, 20, 24 persoas en función da aula.
  • Posición de apertura das fiestras:
    • Total: catro fiestras abertas de par en par. Ventilación moi rápida, pero non aconsellable se hai persoas sentadas no radio de apertura da fiestra. Totalmente desaconsellada en caso de chuvia ou vento.
    • Oscilante: catro fiestras abertas en posición oscilante. Esta é a posición recomendada para evitar fortes correntes de aire. Apropiada para días de chuvia feble e/ou vento moderado.
    • Extremo: as dúas fiestras máis próximas á persoa docente ábrense en posición oscilante. Empregar esta apertura en caso de climatoloxía adversa (vento forte, choiva intensa). 

En base ao anterior, o informe recolle as seguintes aulas tipo:

  • Pequena-5-paxs-total, Pequena-10-pax-total, Pequena-15-pax-total, Pequena-19-pax-total
  • Pequena-5-pax-oscilante, Pequena-10-pax-oscilante, Pequena-15-pax-oscilante, Pequena-19-pax-oscilante
  • Grande-5-pax-total, Grande-10-pax-total, Grande-15-pax-total, Grande-20-pax-total, Grande-24-pax-total
  • Grande-5-pax-oscilante, Grande-10-pax-oscilante, Grande-15-pax-oscilante, Grande-20-pax-oscilante, Grande-24-pax-oscilante.
  • Pequena-extremo, Grande-extremo: cando debido á climatoloxía extrema, podemos abrir só dúas fiestras. Ocupación máxima de aula.

A ter en conta:

  • Todas as nosas aulas corresponden coa tipoloxía (j) do informe: fiestras en parede oposta á porta, ventilación óptima.
  • Os tempos que indica o informe (expresados en minutos) corresponden a tempo de ventilación adicional á prevista - 15 minutos entre sesións.
  • A prioridade é ventilar e tamén evitar o risco de accidentes persoais. Debemos protexer a sáude das persoas evitando a súa exposición a condicións ambientais inapropiadas e, tamén, tentar protexer as instalacións.

Casos prácticos:

Día despexado, estamos 9 persoas ocupando un aula pequena. Podemos seguir as indicacións do informe para Pequena-10-pax-total Ou Pequena-10-pax-oscilante ou Pequena-extrema. Calquera das tres vai garantir a ventilación e condicións ambientais óptimas, aplicando o tempo adicional e a apertura referidos.

Día de choiva, estamos 17 persoas ocupando un aula grande. Debemos seguir as indicacións para Grande-20-pax-oscilante ou Grande-extrema. Calquera das dúas vai garantir a ventilación e as condicións ambientais óptimas. Desaconséllase abrir de par en par as fiestras para evitar que a auga de choiva molle o interior e se poidan producir danos persoais  ou desperfectos nas instalacións.

Día de choiva e vento moi forte. Debemos seguir as indicación para Pequena-extrema ou Grande-extrema, en función da aula que ocupamos. A ventilación óptima estará garantida, as condicións ambientais da aula serán as máis apropiadas posibles, e minimizamos o risco de accidentes. Tamén evitaremos posibles danos nas instalacións. Desaconséllase completamente a apertura total de fiestras. Caso de entrada de auga, debemos avisar ao servizo de limpeza.

AdxuntoTamaño
PlanoAula01.pdf163.32 KB
PlanoAula20.pdf163.91 KB
PlanoAula27.pdf169.38 KB
PlanoAulasGrandes.pdf166.29 KB
PlanoAulasPequenas.pdf165.94 KB
20210906_EOI_DE_VILAGARCIA.pdf1.37 MB
20210907_EOI_DE_VILAGARCIA.pdf1.37 MB