Visita Carvalho (Calero)!
Visita Carvalho (Calero)!
Carvalho non unha vila do oeste, é unha grande cidade case descoñecida. A súa importancia é tal que podería ben ser a capital das Letras Galegas.
Como moitas urbes desta dimensión, Carvalho ten un monumento que asombra o resto da cidade. En tempos, outro dos seus barrios era o máis frecuentado tanto polos propios habitantes como polos visitantes da cidade. Na actualidade perdeu un pouco do vigor antigo.
No entanto, o interese de Carvalho non acaba aí. Como toda a grande cidade, unha das súas avenidas centrais é ocupada por pequenos teatros. Non lonxe dalí fica o Barrio da Ficción, dono de algúns espazos singulares.
Deixamos para o fin as zonas máis interesantes para o viaxante que dispón de pouco tempo. En primeiro lugar, o Barrio da Poesía, que permite paseos breves e amenos en rúas con estilos diferenciados. Completa o círculo a zona dedicada á investigación, especialmente lingüística e literaria, espallada por moitos artigos breves que convidan a pensar sobre a lingua.
Pode acontecer que, por causa da ortografía, teñas pequenas dificultades para entender algún texto, mais o vídeo aloxado no Terreo Edificable pode axudarche.
Se visitas o Barrio da Poesía, animámoste a participar no concurso de poesía facendo un vídeo a ler un dos poemas e compárteo no Twitter ou Instagram cos hashtags #edlgvga e #visitacarvalho. Cando camiñes polo barrio, para a ollar os vídeos gravados polos membros deste EDLG como posibles exemplo para o concurso. E de aí até onde vos leve a imaxinación...
Consultade aquí as bases deste concurso.<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 64.55%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1199" height="774" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/5fbd76c102156b0d0ec1fc4a" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Bases_Visita Carvalho (Calero)!.pdf | 148.2 KB |
Carvalho antologia brevíssima v_def.pdf | 3.65 MB |