"Elas": Exposición de fotografía e poesía

Para conmemorar o Día Internacional da Muller, a EOI organiza unha Exposición de Fotografía e Poesía "Elas", que estará dispoñible na planta baixa do noso centro do 5 ao 27 de marzo

O luns 9 de marzo ás 19.00h terá lugar a presentación da exposición no Salón de Actos da EOI no que nos acompañarán Jose Cuervo e Andrea Fernández Maneiro. 

Aquí podedes escoitar a entrevista concedida por Jose Cuervo e Andrea Fdez Maneiro á canle de radio da Biblioteca da EOI de Vilagarcía. Tampouco vos perdades a entrevista de Jose Cuervo no programa Hoy por hoy de Radio Arosa o 3 de marzo. Clicade aquí para acceder ao arquivo audio.