Clubs de lectura 2018/2019

Neste curso fomentaremos a lectura de novo a través de varios clubs de lectura:

Un club de lectura en italiano dirixido aos alumnos de A2 e B1, un club de francés dirixido aos niveis B2 e C1 e por suposto un club de lectura en inglés dirixido aos alumnos de B2 e C1. Non se descarta que a petición do propio alumnado se poidan crear outros clubs dentro das actividades propias do centro e da biblioteca para o fomento da lectura.

Nesta ligazón pode consultar o noso proxecto de clubs de lectura, as datas orientativas nas que se van celebrar reunións, as lecturas que se van tratar e demáis aspectos máis polo miudo.

Animádevos a participar xa que leer é un lecer que resulta ser un pracer!!!