Comezo das clases do curso 2018-2019

As actividades lectivas darán comezo a partir do luns 24 de setembro. Consulte o calendario de presentacións no arquivo adxunto (Última actualización: 24/09 ás 11:00h). Comprobe o código do seu grupo no resgardo de matrícula.

Por cuestións organizativas, é preciso realizar os seguintes cambios nas presentacións:

  • Os grupos de inglés IN-A1-A2-3 e IN-B2.1-7 previstos inicialmente para o luns 24 terán a presentación o mércores 26 ás 17.30 e 19.30, respectivamente.
  • O grupo de inglés IN-B2.1-5 previstos inicialmente para o mércores 26 terá a presentación o martes 25 ás 17.30.
  • Os grupos de portugués PO-B1, PO-C1.1, PO-B2.1 e PO-B2.2 non terán presentacións até novo aviso, estando á espera de que sexa nomeado/(s) o/a(s) profesor/a(s) para os mesmos. Fique atento á actualización deste apartado.

O alumnado que non se poda incorporar nos 15 primeiros días de aulas pode enviar un correo electrónico ao enderezo do centro (eoi.vilagarcia@edu.xunta.es) para así comunicarllo ao/á docente do grupo.

AdxuntoTamaño
COMEZO DE CURSO 2018.pdf428.24 KB