Contratación do Servizo de Cafetería - Curso 2018-2019

O servizo de cafeterías escolares, debido aos cambios introducidos pola nova Lei de Contratos do Sector Público, pasa a tramitarse e adxudicarse pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería mediante procedemento de concurso aberto, con tramitación ordinaria.

O anuncio da licitación publicarase no Diario Oficial de Galicia e toda a documentación administrativa, incluídos os pregos da contratación, estarán ao dispor dos interesados no perfil de contratación da Consellería.