Plan de estudos das escolas oficiais de idiomas

Estase a tramitar o proxecto de decreto polo que se establece o currículo dos niveis Básico A1, Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2, Avanzado C1 e Avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Pode consultar o proxecto de decreto no portal de transparencia da Xunta de Galicia na seguinte ligazón: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/pendente-de-aprobacion/-/nt/0295/proxecto-decreto-polo-que-establece-curriculo-dos-niveis-basico-basico-intermedio.

Na medida en que teñamos información dispoñible, iremos publicando como se desenvolven os procesos de admisión e matrícula no curso 2018-2019.

A proba de clasificación para o curso 2018-2019 celebrarase en setembro de 2018.