II Concurso de Comic

Consulte no arquivo adxunto as bases para o noso II Concurso de Cómic.

Comezan as votacións, por fin!!!!! No hall do centro tendes a exposición de comics cos 4 finalistas para votar polo voso favorito e dar a coñecer o gañador deste ano. Agradecemos e felicitamos xa mesmo ós participantes polos bos traballos entregados, aínda que lamentablemente houbo que descalificar dous traballos por non axustarse ás bases do concurso.

Poderán votar tódolos membros da comunidade educativa. Introducindo unha papeleta na urna situada xunto á exposición co seu nome e apelidos, curso e idioma no que está matriculado e número do comic favorito (do 1 ao 4). Só se poderá votar unha única vez por persoa. O prazo para as votacións o vindeiro 23 de febreiro. E o resultado da votación farase público na web do centro e na propia exposición o vindeiro 28 de febreiro.

Gañador do II Concurso de Comic: LUCK

AdxuntoTamaño
Bases II concurso comic.pdf456.31 KB