Matrícula oficial: normativa aplicable. Curso 2019-2020

A normativa aplicable para a matrícula oficial para o curso 2019-2020 é a Circular 3/2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión e matrícula nas escolas oficiais de idiomas para o curso 2019/2020.

Caso de se apuntar a un nivel superior ao inicial, asegúrese de ter a titulación que lle da acceso a dito nivel (ver o Anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde de 18 de febreiro de 2011). Caso de optar por esta vía, accederá ao primeiro curso do nivel inmediatamente superior ao acreditado.

Se ten dúbidas, por favor, consulte coa secretaría do centro.