Galeg@ pode ser calquera

O próximo 26 de novembro, ás 18h30 na sala de actos, a ENDL da Escola inaugura o seu programa de actividades para o presente ano. Será coa conversa multilingue cos profesores Roberta Maschi e Matthew Wellings. Os dous profesores da nosa escola, nacidos en dous países europeus distantes entre si, a Inglaterra e a Italia, vannos falar sobre a sua experiencia como falantes de galego e vannos dar a súa visión persoal sobre a situación das linguas no noso país.