Derradeiro prazo de matrícula - Curso 2019-2020

Caso de se ter preinscrito:

  • Se non obtivo praza na web de preinscrición, o luns 30 ao mediodía enviamos mensaxe avisando da dispoñibilidade de prazas.
  • O martes 1 de outubro ás 17:00 horas adxudicamos prazas no salón de actos.

Se se apuntou na lista de agarda:

  • Enviámoslle unha mensaxe o luns á media tarde avisando da dispoñibilidade de prazas.
  • O martes 1 de outubro ás 18:30 horas adxudicamos prazas no salón de actos, por orde de inscrición.

Se non pode acudir, pode enviar a outra persoa por vostede ou pode comprobar se quedan prazas a partir do mércores pola mañán na secretaría do centro.

Prazas dispoñibles para alumnos de inglés ensinanza a distancia That's English! Matrícula ata 31 de outubro.

Para saber máis: información detallada sobre a matrícula para o curso 2019-2020.