Contratación do servizo de cafetería - Curso 2017-2018

Segundo o disposto na Instrución 7/2017, do 30 de maio de 2017, pola que se establecen as condicións para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros docentes non universitarios dependentes da Consellería, curso escolar 2017-2018, procédese a abrir o período para que as persoas ou empresas interesadas poidan presentar ofertas.

  • Prazo de presentación: do 19 ao 26 de xuño de 2017 ás 14:00 horas. 
  • Lugar de presentación: rexistro da Escola Oficial de Idiomas.
  • Resolución da adxudicación: 30 de xuño.

Documentación sobre a convocatoria:

Debe terse en conta:

  • A adxudicación do servizo é polo curso escolar 2016-2017.
  • A Escola deixa aberta a proposta de horario de atención ao público da cafetería (apartados 2 e 4 da folla de especificacións) que en ningún caso poderá superar o horario de apertura do centro.
  • O canon mínimo anual calcularase en base ao baremo establecido pola Consellería:
      • Horario de apertura: 40€ polas primeiras catro horas e 10€ por cada hora que exceda das catro.
      • 0,40€ por usuario (1300 usuarios no curso 2016-2017).
      • A proposición de oferta económica ou canon debe axustarse ao modelo oficial que figura como anexo II.
  • Outras condicións de contratación a ter en conta recollidas na Instrución 7/2017:
      • no apartado 6.3 indícase a documentación que deberán presentar os licitadores interesados en tomar parte no procedemento.
      • no apartado 7.1 detállanse os criterios que rexerán para a valoración de ofertas e adxudicación do contrato.
      • O Anexo III recolle a lista de producto e precios máximos a suministrar adaptado ás características do noso centro.
      • as persoas licitadoras presentarán unha memoria coa proposta de metodoloxía ou plan de negocio (instrución 7/2017 apartado 6.3.5).
  • O espazo de cafetería conta coa instalación de barra e superficies de traballo necesarios para a prestación do servizo.
  • A persoa adxudicataria aportará: louza, máquinas eléctricas, mesas e cadeiras e cantos outros estime necesarios para a prestación do servizo.

As persoas interesadas en presentarse ao procedemento poden concertar unha cita entre os días 19 e o 23 de xuño para ampliar información, resolver as posibles dúbidas chamando á centralita do centro (986 566 440).

Adxudicación do servizo:

O resultado do baremo poderá consultarse nos taboleiros do centro. O nome da persoa/entidade adxudicataria publicarase no tabloeiro e nesta web.

 

 

AdxuntoTamaño
Anexo_III_2017-2018.pdf88.34 KB
Especificacións_técnicas_17-18_EOI_Vilagarcía.pdf284.94 KB
Anexo_II_instrucion_7_2017.pdf51.94 KB