Ampliado prazo de matrícula - Curso 2018-2019

As persoas que non obtiveron praza de inglés nos niveis Básico A1-A2 e Avanzado C1.2 poden matricularse mentras queden vacantes na modalidade semipresencial do programa That's English!

O prazo de matrícula amplíase ata o 15 de novembro. Poden contactar co centro de apoio administrativo no teléfono 886 159 121.

Para o resto de niveis e linguas, poden pasar pola secretaría do centro.

Caso de se apuntar a un nivel superior ao inicial, asegúrese de ter a titulación que lle da acceso a dito nivel (ver o Anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde de febreiro de 2011). Caso de optar por esta vía, accederá ao primeiro curso do nivel inmediatamente superior ao acreditado.