Probas para cursos CALC e CUALE 2022

Este curso 2021-22 as probas de certificación do alumnado oficial, incluído alumnado CALC, CUALE e do programa That´s English ríxense pola Circular 2/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial para o curso 2021/22.

Prazo de matrícula: O alumnado procedente do programa CUALE e dos cursos CALC deberá formalizar a matrícula seguindo o procedemento recollido nesta circular, do día 18 ao 22 de abril, ambos incluídos. A aplicación permanecerá aberta ata as 12:00 do mediodía do 22 de abril.

A matrícula realizarase en liña, dende o enderezo seguinte: https://www.informaticacentros.com/xunta/

Para formalizar a matrícula, o alumnado deberá presentar, a través da aplicación web, a seguinte documentación:

- o impreso de matrícula xerado pola aplicación web de matrícula, onde se indique(n) o(s) idioma(s) e o nivel ou niveis no(s) que se matricula
- de ser o caso, o resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013
- unha fotocopia do DNI ou do NIE
- para o alumnado que sexa menor de 16 anos a 31 de decembro de 2022, un certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria no presente curso escolar, expedido polo centro onde estea matriculado, consonte o modelo do anexo II da Circular 2/2022

- o alumnado con diversidade funcional, se precisa adaptación para as probas, deberá cubrir o formulario do anexo III da Circular 2/2022.
- para o alumnado dos cursos CALC, o documento da realización do curso, emitido polo CFR, onde conste que cumpre co requisito de asistencia.

 

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que se presenten. A escola poderalle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.