Enquisa de diagnose da convivencia escolar 2023
De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal
No marco desta estratexia realizáronse no 2015, no 2019 e no 2021 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos. Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal. A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.
Para acceder á enquisa, precisará un código anónimo que se entrega ao asistir ás aulas. Cada docente reparte os dos seus grupos: Non se entregan códigos de acceso na conserxería ou secretaría.
A ligazón para acceder á enquisa do alumnado é https://www.edu.xunta.gal/convpost e para as familias é https://edu.xunta.gal/convfamil
A enquisa estará dispoñible até o 22 de maio. Amplíase o prazo da enquisa até o mércores 31 de maio.