Skip to Content

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS VACANTES

O alumnado que desexe matricularse en algunha das prazas vacantes poderá solicitar a praza e matricularse a partir do día 23 de xullo. A matrícula realizarase en liña (aínda que na parte superior da páxina aparece "Matrícula Libre", vostede está a matricularse das prazas vacantes dos cursos oficiais). 

A adxudicación de prazas vacantes será por rigorosa orde de inscrición.

Para proceder a realizar o trámite, seleccione a sede na que desexe matricularse para acceder á aplicación de matrícula e siga os pasos que se lle indican:

 

SEDE CENTRAL CANGAS COIA NIGRÁN
PONTEAREAS REDONDELA TUI  

Por medio da aplicación en liña, o alumnado deberá presentar o resgardo de pagamento de taxas, ademais da restante documentación requirida, dentro do seu prazo.
As persoas que se matriculen responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderan solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.

Recordámoslle que pode consultar a oferta de cursos para o ano académico 2022/2023 aquí.

Consulte como se pagan as taxas e os códigos de tramitación para encher os modelos.



page | by Dr. Radut