Skip to Content

CELGA e Linguaxe Administrativa Galega

Cursos Celga: comezo das clases o día 3 de outubro. 

Cursos de Linguaxe Administrativa: comezo das clases o día 24 de outubro

Consulte aquí a listaxe de persoas admitidas para o primeiro cuadrimestre dos cursos CELGA e Linguaxe Administrativa Galega nivel superior.

O alumnado deberá acceder a través da aplicación de matrícula para confirmar se foi admitido e, de ser o caso, deberá formalizar a súa matrícula na mesma aplicación e subir a documentación ata o día 16 de setembro.

O alumnado que non formalice a súa praza na aplicación no prazo establecido, perderá a praza adxudicada.

Documentación a presentar:

Para os cursos Celga:
• copia do DNI ou NIE (non será necesaria se a persoa xa foi alumna desta escola)

Para o curso LAG Superior:
• Copia do DNI ou NIE (non será necesaria se a persoa xa foi alumna desta escola).
• Xustificante de ser persoal das diferentes administracións públicas de Galicia en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar (non serán válidas as nóminas do mes de agosto a modo de xustificar que se está en activo).
• Certificado de discapacidade, de ser o caso.
• Algúns dos certificados establecidos no número 4 do punto décimo desta resolución: curso medio de linguaxe administrativa galega, curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes, que se establecen no punto 2 do artigo 5 da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño) pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas.

O alumnado admitido nos cursos de Linguaxe Administrativa deberá activar correctamente unha conta de usuario «edu», con carácter previo á data de inicio do curso e dentro do prazo que fixe a coordinación dos cursos. De non facelo así, será excluído do curso e incluirase a persoa correspondente da lista de espera.

Os cursos de Linguaxe Administrativa do primeiro cuadrimestre comezarán o 24 de outubro de 2022 e rematarán o 15 de xaneiro de 2023.

Nivel Inicio Fin Horario Días Aula
Celga 2 Outubro 2022 Xaneiro 2023 9.00-11.30 Martes e xoves 17
Celga 3 Outubro 2022 Xaneiro 2023 11.00-13.30 Martes e venres E6
Celga 4 Outubro 2022 Xaneiro 2023 11.00-13.30 Martes e venres 26
Celga 4 Outubro 2022 Xaneiro 2023 17.00-19.30 Luns e mércores 30


page | by Dr. Radut