SEGUNDO CUADRIMESTRE
En canto aos cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio de 2024), o prazo de solicitude foi do 13 ao 24 de novembro de 2023. Para formalizar a matrícula, o prazo será ata o día 1 de decembro de 2023, accedendo á aplicación web aquí.
O día 28 de novembro de 2023, o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido. Tamén poderá consultar estas listaxes de admitidos para cursos do segundo cuadrimestre:
O prazo para a presentación da documentación na aplicación web será ata o día 1 de decembro de 2023 para o alumnado admitido nos cursos do segundo cuadrimestre.
Cursos de linguaxe administrativa en liña na EOI de Vigo
Nivel | Inicio | Fin |
Superior | Outubro 2023 | Decembro 2023 |
Medio | Febreiro 2024 | Maio 2024 |
Cursos CELGA na EOI de Vigo (2º cuadrimestre)
Nivel | Inicio | Fin | Horario | Días |
Celga 2 | Febreiro 2024 | Maio 2024 | 9.30-12.00* | Martes e xoves |
Celga 3 | Febreiro 2024 | Maio 2024 | 11.00-13.30 | Martes e venres |
Celga 4 | Febreiro 2024 | Maio 2024 | 12.00-14.30 | Martes e venres |
Celga 4 | Febreiro 2024 | Maio 2024 | 17.00-19.30 | Luns e mércores |
*Hai un erro no DOG 22 de xuño de 2023. O horario subliñado en amarelo é o correcto.
Consulte a información sobre os cursos CELGA do segundo cuadrimestre no anexo II da convocatoria.
Foi publicada a convocatoria dos cursos, con carácter gratuíto, de linguaxe administrativa e cursos CELGA (DOG do 22 de xuño de 2023).
Para preinscribirse, acceda á aplicación web aquí (operativa a partir do 13 de novembro).
Consulte todos os pormenores na convocatoria dos cursos.
EOI de Vigo
Avenida Emilio Martínez Garrido 17
36205 Vigo
T. 986260210
eoi.vigo@edu.xunta.gal