Skip to Content

Matrícula en liña para o curso 2021-2022

Segundo establece a Resolución do 17 de xuño de 2021, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas EOI no curso 2021/22, a matrícula realizarase exclusivamente en liña.

O alumnado que desexe continuar estudos no curso 2021/2022 no mesmo idioma e escola non debe facer preinscrición e deberá realizar a reserva de praza en liña, desde a ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta. Unha vez feito isto, deberá formalizar a matrícula no prazo establecido, aportando a documentación necesaria a través da plataforma en liña.

Poderá comprobar se a súa matrícula é definitiva accedendo 2-3 días depois á mesma aplicación e verificando se o seu resgardo figura como "Resgardo definitivo" na parte inferior esquerda.

O alumnado de novo acceso deberá facer a preinscrición no prazo correspondente e agardar pola adxudicación de prazas. Se resulta admitido, deberá realizar a matrícula en liña.

Para máis información, consulte:
- Procedemento de matrícula oficial
- Calendario de preinscrición e matrícula 2021-2022
- Formas de acceso
- Oferta horaria de cursos
 

Consulte a resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade sobre as instrucións para a preinscrición, admisión e matrícula no curso 2021-2022.



page | by Dr. Radut