Skip to Content

Probas de clasificación: 9 e 10 de setembro de 2021 (consulte os resultados neste mesmo artigo)

A proba de clasificación está pensada para o alumnado que se quere matricular nos estudos oficiais das EOI e que xa ten coñecementos previos. Consiste nunha proba que diagnostica o nivel de lingua e dá acceso a un curso determinado diferente do nivel básico 1.

CALENDARIO DAS PROBAS DE CLASIFICACIÓN para o curso 2021-2022: terán lugar os días 9 e 10 setembro de 2021, dependendo do idioma. Consulte aquí as datas e horas.

Para coñecer a distribución por tribunais e aulas da proba de Inglés, consulte aquí.

Para realizar as probas de clasificación deberá matricularse nestas probas, do 1 ao 8 de setembro de 2021.

A taxa da proba de clasificación é de 17 € por cada idioma.

(AGÁS: Familia numerosa categoría xeral 8,5 €; categoría especial 0 €; persoas con minusvalía igual ou superior a 33% 0 €; persoal funcionario docente 0 €. Deberase presentar documentación xustificativa de exención.)

Máis información aquí.

RESULTADOS DAS PROBAS DE CLASIFICACIÓN

ALEMÁN CHINÉS ESPAÑOL
FRANCÉS GALEGO INGLÉS
ITALIANO PORTUGUÉS XAPONÉS

 

 



page | by Dr. Radut