Skip to Content

Conversa en...

Desexas falar un pouco cada semana no idioma que estás a aprender? Apúntate aquí e fai intercambio de conversa con alguén na cafetaría da escola.

Do you want to speak for some time every week in a language you are learning? Register here and do a conversation exchange with somebody at the school's café.

:
Procedemento

Quincenalmente, cos datos dos participantes inscritos, a EOI de Vigo formará parellas ou grupos pequenos e informará ás persoas interesadas para que poidan realizar o intercambio de idiomas.

Aviso

Os datos persoais proporcionados serán utilizados exclusivamente coa finalidade que aquí se indica: poñer en contacto dúas ou máis persoas interesadas en facer intercambio de idiomas.

O tratamento dos datos persoais (recollida, conservación, utilización e eliminación) será realizado pola EOI de Vigo (Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia).

En calquera momento será posible exercer o seu dereito a cancelar esta subscrición e a solicitar a eliminación dos datos persoais escribindo a eoi.vigo@edu.xunta.gal.

Exención de responsabilidade: Con este servizo, a EOI de Vigo pretende favorecer a aprendizaxe de linguas estranxeiras entre o seu alumnado oficial. Todas as decisións e accións realizadas a partir do establecemento de contacto entre as partes interesadas non serán responsabilidade da EOI de Vigo.



webform | by Dr. Radut