Preinscrición en liña.

NOVO ALUMNADO 2024/2025

resumo 

PASO 1:

O novo alumnado da escola ten que facer unha preinscrición (PASO 1) antes de formalizar a súa matrícula (PASO 2). Lembre que a preinscrición non garantiza unha praza na escola. Só os alumnos que aparezan nas listas de admitidos despois de facer a preinscrición, e formalicen posteriormente en prazo e forma a súa matrícula serán alumnos oficiais da escola para o curso 2024-2025. A preinscrición é gratuita.

Quen ten que facer preinscrición?

Todo aquel que se matricule por primeira vez na escola terá que facer a preinscrición en liña.

Tamén deberán facer a preinscrición:

  • As persoas que solicitan o acceso directo por titulación.
  • As persoas que se incorporan a ensinanza presencial tras superar as probas de certificación por libre.
  • As persoas con traslado de expediente.
  • O antigo alumnado que non estivera matriculado no curso anterior.
  • O alumnado que renunciou a matrícula o curso anterior.

Prazos de preinscrición.

Prazo do 24 de xuño ata as 23.59 horas do 5 de xullo.

PREINSCRICIÓN 2024-2025  

Lista de admitidos.

Feita a preinscrición, para poderse matricular, os alumnos deberán comprobar a súa inclusión nas listas de admitidos.

PASO 2:

  • Importante:

Consulta a túa admisión a partir do día 9 DE XULLO 2024 e formaliza a túa matrícula nesta ligazón ata o 19 de xullo:

Consulte a información sobre as taxas nesta ligazón.

CONSULTA E FORMALIZA A TÚA MATRÍCULA

AdxuntoTamaño
AnuncioG0761-200524-0004_gl.pdf922.36 KB

Idiomas en Ribadeo

Na escola de idiomas de Ribadeo podes estudar e aprender estes idiomas: