Os cursos para o sector da hostalaría e do comercio son cursos de 60 horas de duración, de setembro a maio. Haberá dous niveis, básico e intermedio. Os cursos son de 60 horas e teñen unha única sesión semanal de dúas horas de duración.
Os cursos de competencias son cursos adicados ao traballo de determinadas destrezas comunicativas como poden ser a expresión oral, a mediación, etc. e secuenciados por niveis (poden ser do A2 ao C2) Os cursos son de 60 horas e teñen unha única sesión semanal de dúas horas de duración.
A oferta destes cursos pode cambiar todos os anos, se quere coñecer a oferta para este curso pode descargar a folla de inscripción no documento adxunto.
Para formalizar a matrícula cómpre cubrir a folla de inscripción que aparece como documento adxunto, pagar as taxas correspondentes e enviar a documentación ao correo electrónico da escola eoi.ribadeo@edu.xunta.gal
O prazo de matrícula é a partir do 18 de xuño na secretaría do centro.
Pode facer o pago telemático no seguinte enlace:https://ovt.atriga.gal/
Os códigos de taxas son os seguintes:
CÓDIGOS TAXAS MATRÍCULA
Consellería de Educación _________________ 07
Delegación de Lugo _______________________ 20
Servizo de Ensino Medio __________________ 03
Taxa Escolas Oficiais de Idiomas _____350800
Prezo:
- Hora: 1,5€
- Servizos xerais (se non está matriculado noutro curso): 13€
- Apertura de expediente (alumnado novo): 22€
Aplicanse as mesmas bonificacións que para os cursos ordinarios.
Non se pode fraccionar o pagamento destes cursos.