PROBAS

A EOI de Pontevedra ofrece distintas modalidades de probas:

  • PROBAS DE CLASIFICACIÓN: dirixidas ao alumnado que ten certos coñecementos dunha lingua e desexa determinar o nivel no que se debe matricular. O prazo de matrícula adoita abrirse no mes de abril/maio e a proba realízase no mes de xuño.
    1. Alumnado oficial: presentaranse a esta proba para obter o certificado de nivel da lingua estudada co que ademais poderán promocionar ao seguinte curso e nivel. O alumnado oficial terá dereito á convocatoria de xuño e setembro.
    1. Alumnado libre: no mes de marzo/abril ábrese un prazo de matrícula para as persoas que queren obter os certificados da EOI examinándose por libre. Poden matricularse en calquera nivel das probas de certificación agás os candidatos ao nivel C1, que deberán ter aprobado o exame do B2. O alumnado libre só terá dereito á convocatoria de xuño.
  • PROBAS DE CURSOS NON TERMINAIS: dirixidas aos alumnos que están cursando o 1º curso do nivel Básico/Intermedio/Avanzado. Os alumnos dos cursos non terminais terán dereito á convocatoria de xuño e setembro. Ademáis, poderanse presentar a unha proba de progreso no mes de febreiro se non superan o 15% de faltas de asistencia.

Se vai realizar algunha das devanditas probas, lea detidamente estas recomendacións.