VOTA POLAS MELLORES FOTOGRAFÍAS

Amplíase o prazo para votar polas dúas fotografías que merecen ser premiadas no concurso "O mar ten a palabra" ata o venres 28 de xaneiro. As 36 instantáneas atópanse expostas polos corredores da Escola: escanea o Código QR para ler os detalles de cada unha delas e vota pola túa favorita.