ADAPTACIÓN Á COVID-19

 

 

NOVIDADES SOBRE O PROTOCOLO CONTRA A COVID-19

  • As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixiliancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.
  • Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningún caso require de ningunha proba para reincorporarse ao centro.
  • Os autotest non requirirán dunha proba complementaria para confirmar o caso.
  • Contacto estreito: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración do inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).
  • O persoal docente e non docente, así como os alumnos e as alumnas de 12 anos ou máis que teñan a consideración de contacto estreito non terán que facer corentena sempre que teñan administrada a pauta vacinal completa (salvo as excepcións previstas na Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control de Covid 19 do 30 de decembro de 2021)
  • O autotest positivo pode notificarse a través do correo antixenos.educacion@sergas.es ou ben chamando ao teléfono 881 540 045.
  • PLAN DE CONTINXENCIA. Consulte os plans de acción en caso de peche temporal.
  • SEMI-PRESENCIALIDADE ROTATORIA: Se o seu grupo excede a capacidade establecida para a aula, poida que teña que ser desdobrado. De ser o caso, acudirá ao centro unha vez por semana. Consulte a sección web do idioma correspondente para comprobar se é o seu caso.
  • AULA VIRTUAL: E co fin de seguir as clases telemáticas e en caso dun eventual peche temporal é necesario que se autorexistre na aula virtual accedendo desde a nosa web e seguindo as instruccións deste manual.
  • APP CENTROSNET: Tamén é necesario que descargue gratuitamente no seu móbil a aplicación CENTROSNET para recibir as notificacións do centro. Consulte o manual.