CURSOS CELGA PRIMEIRO CUADRIMESTRE 2018-2019

Datas dos cursos: de outubro de 2018 a xaneiro de 2019

Cursos ofertados:

-       Celga 2, dous días por semana: os martes e xoves das 09.00 h ás 11.20 h

-       Celga 2, tres días por semana: os martes, mércores e venres das 16.00 h ás 18.00 h

-        Celga 3, tres días por semana: os luns, mércores e xoves das 18.00 h ás 20.00 h

-        Celga 4, dous días por semana: os luns e venres das 11.00 h  ás 13.20 h

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 3 ata o 12 de setembro de 2018

Acceda á resolución da convocatoria de cursos Celga no DOG do 14 de agosto de 2018.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo:

www.eoidigital.com/preinslinguagalega

As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, (ver punto terceiro da resolución) o alumnado seleccionado deberá presentar na secretaría da escola onde foi admitido a documentación que se especifica nas epígrafes sétima e décima primeira desta resolución no prazo establecido no punto cuarto.

NOTAS IMPORTANTES:

- Ofértanse 25 prazas para cada curso. Se algún deles ten un número de solicitantes que cumpran os requisitos maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por sorteo segundo o procedemento indicado no punto terceiro da convocatoria.

- No segundo cuadrimestre (de febreiro a maio de 2019) realizaranse outros cursos Celga sobre os que se informará máis adiante.