CURSO DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA 2018-2019

Datas do curso: de outubro de 2018 a xaneiro de 2019

Curso ofertado:

-    Linguaxe administrativa, nivel MEDIO, de modo presencial dous días por semana: os martes e xoves das 12.20 h ás 14.40 h

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 3 ata o 12 de setembro de 2018

Acceda á resolución da convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega no DOG do 14 de agosto de 2018.

As persoas que desexen participar no curso convocado deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo:

www.eoidigital.com/preinslinguagalega

As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, (ver punto terceiro da resolución) o alumnado seleccionado deberá presentar na secretaría da escola onde foi admitido a documentación que se especifica nas epígrafes sétima e décima primeira desta resolución no prazo establecido no punto cuarto.

NOTA: ofértanse 25 prazas para o curso. Se este ten un número de solicitantes que cumpran os requisitos maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por sorteo segundo o procedemento indicado no punto terceiro da convocatoria.