ATENCIÓN! AVISO MATRÍCULA PORTUGUÉS

Seguindo as instrucións enviadas pola Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, informamos que a matrícula do idioma Portugués terá lugar só no mes de setembro. Datas a determinar pola Consellería de Cultura, Educación e O.U unha vez establecida a organización académica do idioma Portugués na Comunidade Autonoma de Galicia.