Programación

Curso Integrado de Portugués

PROBA PARCIAL DE PROGRESO: 1ª AVALIACIÓN DO 14 Ó 21 de NOVEMBRO de 2019. Ver calendario Nivel Básico A2.

INFORMACIÓN PARA CURSOS INTEGRADOS 2019/20

PORTUGUÉS INTEGRADO

CAMBIOS DE GRUPO
O alumnado que está matriculado nun curso integrado ten a posibilidade de cambiar para un grupo anual e viceversa.
Terá que ter en conta as consecuencias  derivadas da diferente temporalización  dos contidos dos diferentes cursos.
Este cambio NON se poderá realizar por medio do programa informático. Quen o desexe, pedirá na conserxería ou imprimirá da nosa web un impreso para solicitalo. (Ver as instrucións para cambios de grupo na web www.eoiou.com )
RENUNCIA Á MATRÍCULA
O alumnado dos cursos integrados do primeiro cuadrimestre que desexe renunciar á matrícula terá de prazo ata o 20/12/2019 para facelo. Para o alumnado do segundo cuadrimestre, a data límite será a mesma que para os cursos anuais, o 30 de abril.
Ó FINALIZAR O CURSO
O alumnado que supere o curso no 1º cuadrimestre poderá matricularse nun novo grupo integrado do curso seguinte (B1) no 2º cuadrimestre. Este novo curso comezará o día 11 de febreiro.
O prazo de matrícula será os días 06 e 07 de febreiro só para o alumnado que continúa e do 10 ao 12 de febreiro para novo alumnado ou os anteriores que non formalizasen a matrícula no seu prazo.
Esta xestión levarase a cabo directamente na xanela de secretaría.
O alumnado do curso integrado A2 que non supere todas as destrezas no exame final de xaneiro terá unha proba extraordinaria no mes de XUÑO, xunto cos grupos anuais de certificación.

Programación Portugués

  • INFORMACIÓN PARA CURSOS INTEGRADOS
  • INTRODUCIÓN: | Limiar |
  • NIVEL BÁSICO A2: |Descrición de nivel | Obxectivos xerais | Obxectivos específicos | Competencias e contidos | Criterios de Avaliación |
  • NIVEL INTERMEDIO B1: |Descrición de nivel | Obxectivos xerais | Obxectivos específicos | Competencias e contidos | Criterios de Avaliación |
  • NIVEL INTERMEDIO B2: |Descrición de nivel | Obxectivos xerais | Obxectivos específicos | Competencias e contidos | Criterios de Avaliación |
  • NIVEL NIVEL AVANZADO C1: |Descrición de nivel | Obxectivos xerais | Obxectivos específicos | Competencias e contidos | Criterios de Avaliación |
  • AVALIACIÓN: | Inicial, formativa, sumativa e certificadora |
  • LIGAZÓNS WEB  | Buscadores | Prensa | TV | Diccionarios | Outros Recursos |
  • METODOLOXÍA e RECURSOS: | Enfoque didáctico |
  • ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:  | Medidas |
  • TEMPORALIZACIÓN:| Distribución das sesións |
Distribuir contido