Consello escolar

Eleccións ao Consello Escolar 2018

O 24 outubro terá lugar o sorteo para designa-los membros da Xunta Electoral que organizará e supervisará o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar (Decreto 92/1988 e Decreto 324/1996). Ver acta do sorteo.

Ver resolución do 25 de setembro de 2018, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes públicos. Ver Acta sorteo membros da Xunta Electoral (todos os representantes)

Info do 08/11/2018: Ver acta de constitución, modelos para presentación de candidaturas e calendario electoral .

Consello Escolar

Composición do Consello Escolar :    

1. O consello escolar dos centros públicos estará composto polos seguintes membros:

a) A dirección da escola, que exercerá a presidencia.

b) A xefatura de estudos da escola oficial de idiomas.

c) Un representante do concello do municipio en que estea situada a escola, que preferentemente estará relacionado co ámbito cultural.

d) Dous representantes de pais e nais ou titores legais.

e) Un representante do persoal de administración e servizos da escola.

f) Os representantes do profesorado.

g) Os representantes do alumnado.

h) O secretario ou secretaria, con voz e sen voto.

2. Unha vez constituído o consello escolar do centro, este designara unha persoa que impulse medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.

3. Un dos representantes dos pais no consello escolar será designado pola asociación de pais mais representativa do centro, de acordo co procedemento que establezan as administracións educativas.

4. Correspóndelles as administracións educativas regular as condicións polas cales os centros que impartan as ensinanzas de formación profesional ou artes plásticas e deseño poidan incorporar ao seu consello escolar un representante proposto polas organizacións empresariais ou institucións laborais presentes no ámbito de acción do centro.

5. Os alumnos poderán ser elixidos membros do consello escolar a partir do primeiro curso da educación secundaria obrigatoria. Non obstante, os alumnos dos dous primeiros cursos da educación secundaria obrigatoria non poderán participar na selección ou o cesamento do director. Os alumnos de educación primaria poderán participar no consello escolar do centro nos termos que establezan as administracións educativas.

6. Correspóndelles as administracións educativas determinar o numero total de membros do consello escolar e regular o proceso de elección.

7. Nos centros específicos de educación infantil, nos incompletos de educación primaria, nos de educación secundaria con menos de oito unidades, en centros de educación permanente de persoas adultas e de educación especial, nos cales se impartan ensinanzas artísticas profesionais, de idiomas ou deportivas, así como naquelas unidades ou centros de características singulares, a Administración educativa competente adaptara o disposto neste artigo a súa singularidade.

8. Nos centros específicos de educación especial e naqueles que tenaz unidades de educación especial formara parte tamén do consello escolar un representante do persoal de atención educativa complementaria.

Distribuir contido