O EDLG convídavos a participar na derradeira actividade deste curso, coa que celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS . Este ano homenaxeamos a Francisco Fernández del Riego, escritor, intelectual e político galego. Por iso, cada día a partir de hoxe publicaremos a portada dunha obra da literatura galega , pero será unha portada "muda", é dicir, non aparecerá nin o título da obra nin o autor ou autora. VER CARTEL
O reto consiste en descubrir de qué obra se trata. As portadas aparecerán cada día no corredor da EOI (na subida ao primeiro andar), no blog do EDLG e nas redes, xunto cun pequeno resumo, para que non sexa tan difícil! Ao cabo de dez días, publicaremos tamén un formulario para que subades os títulos das obras. Sortearemos un agasallo entre todas as persoas que identifiquen correctamente as dez obras.
Aceptas o reto? Este é o ENLACE AO FORMULARIO para cubrir co título e autor/a de cada obra. Prazo ata venres 2 de xuño. Ver todas as portadas: 1ª 2ª 3ª 4ª 5ª 6ª 7ª 8ª 9ª 10ª