Cambios na avaliación de progreso. Nota informativa.

      Atención:  cambios na avaliación de progreso ao abeiro da Resolución do 25 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e FP, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2022-2023.
      No presente curso, o profesorado levará a cabo a avaliación de progreso mediante a realización de tarefas que lle permitan coñecer o progreso do seu alumnado en cada unha das cinco actividades de lingua. Esta avaliación terá únicamente valor orientativo para o alumnado sobre o seu aproveitamento académico, e serviralle ao profesorado para coñecer o grao de cumprimento no desenvolvemento da programación didáctica.