Organización do curso 22-23

CAMBIOS DE GRUPO: 1ª Quenda, en liña: 30 de setembro.  MODIFICACIÓN DA DATA.  Por imposibilidade de realizar esta xestión na data indicada anteriormente, vémonos obrigados a pospoñer a primeira quenda do cambio de grupo ao día 30 de setembro. Prema AQUÍ para ver as instrucións. A partir do 10 outubro cando o alumnado o precise.

REASIGNACIÓN DE NIVEL: Poderá ser tanto para alumnado de novo acceso como para antigo alumnado. LER as instrucións.

ADAPTACIÓN DE PROBAS: Data límite: 30 setembro. No caso de discapacidade deberase achegar a documentación acreditativa e, se solicita adaptacións cubrir o anexo V. LER máis información.

RENUNCIA Á MATRÍCULA: Ata o 21 de abril
A renuncia por primeira vez non computará para os efectos de permanencia no curso e nivel. As posteriores, si se terán en conta, agás casos excepcionais.

AVALIACIÓNS:  Importante: Para aprobar o curso, terán que superarse todas as actividades de lingua, tanto en promoción, como en certificación. As notas da 1ª avaliación terán carácter unicamente orientador.
A realización das probas non coincidirá necesariamente cos días e horarios das clases.