MATRÍCULA PRESENCIAL DIRECTA

MATRÍCULA PRESENCIAL DIRECTA DO 1 DE AGOSTO Ó 7 DE SETEMBRO

As prazas libres serán adxudicadas na conserxería por orde de chegada.

As persoas que obteñan unha praza nesta adxudicación teñen prazo ata o 7 de setembro ás 12:00 para pagar as taxas correspondentes e formalizar a súa matrícula na secretaría do centro. 

Para as seccións de A Ponte-IES Blanco Amor, Celanova e Ribadavia, a formalización das matrículas farase na secretaría da EOI de Ourense.

Nas seccións da escola en O Barco, O Carballiño e Verín, a formalización da matrícula realizarase a través das secretarías das propias seccións só entre o 1 e o 7 de setembro (non hai matrícula en agosto).

 Vexa AQUÍ  o procedemento de matrícula.

Consulte aquí a oferta de grupos