II Concurso Fraseoloxía

O EDLG convoca o concurso de fraseoloxía e imaxe de outono "Castañas de ouro," aberto a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente.
Escolle un refrán ou un dito en galego relacionado coas castañas, o magosto, o mes de santos ou o outono en xeral. Continúa lendo as bases do concurso AQUÍ.   Envía o traballo antes do 30 novembro a edlg.eoiou@gmail.com.
Podes gañar un vale de 30€ para unha libraría da cidade. Participa!
Información dispoñible tamén no blog do EDLG Lingoreteira