NOVIDADES IMPORTANTES NO CURSO 2021/2022

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: xa non será en setembro.

A convocatoria extraordinaria das probas para o alumnado oficial será a partir do 20 de xuño de 2022, a continuación da ordinaria. 

PROBAS POR LIBRE: celebraranse non máis tarde do mes de febreiro de 2022.

A Secretaría Xeral organizará unha convocatoria para a obtención dos certificados A2, B1, B2 E C1 non máis tarde do mes de febreiro de 2022. 

(Modificacións introducidas pola Resolución do 17 de xuño de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e FP)