Actividade de Entroido.

O EDLG organiza unha mostra virtual e colaborativa de fotografías de Entroidos pasados, dado que este ano non o poderemos festexar. Para participar só hai que entrar neste PADLET, subir unha fotografía e indicar o nome da persoa,o lugar e a data onde se fixo e unha breve descrición ou comentario. Sortearase un agasallo entre todas as fotografías recibidas. O prazo remata o 19 febreiro.