Actividade de Dinamización do Galego

CONCURSO DE FRASEOLOXÍA E IMAXE DE OUTONO

1.Escolle un refrán ou un dito en galego relacionado coas castañas, o magosto ou  o outono en xeral.

2.Ilustra a frase cun debuxo, unha fotografía ou unha imaxe dixital orixinal.
3.Investiga se hai unha expresión equivalente ou similar noutra lingua que estudes na EOI. Se a atopas, inclúea!
4.Envíanos o teu traballo a este enderezo: edlg.eoiou@gmail.com
Tes ata o 1 de decembro. Hai 3 premios.  Ver cartel.